• O Partido Popular de Narón logra o respaldo do pleno para mellorar a seguridade viaria e fomentar unha campaña electoral máis accesible

    ● Os populares presentaron estas dúas mocións na sesión ordinaria do mes de maio 31 de maio de 2025 O Partido Popular de Narón conseguiu o respaldo do pleno ás dúas mocións presentadas na sesión ordinaria deste mes.

    A primeira das mocións, que foi aprobada cos votos favorables de PP, BNG e PSOE, e a abstención de Terra Galega, tiña como obxectivo instar á revisión das obras que se están executando na estrada que vai desde o cruceiro ata a estrada de Baltar.

    O portavoz dos populares, Germán Castrillón, defendeu a urxencia desta actuación #ante as deficiencias observadas tras a instalación da rede de saneamento. Segundo denunciou, na marxe dereita da vía deixouse unha cuneta cun importante desnivel, as arquetas non están correctamente aliñadas para canalizar a auga, e deixáronse ocos que supoñen un perigo tanto para os turismos como para os peóns.

    Ademais, lembrou que por este tramo circula unha liña do transporte público, o que engade máis risco ao estado das obras. Castrillón advertiu tamén de que no tramo final deixouse sen canalizar a auga, o que provocará desbordamentos que poden danar o firme da estrada. Por todo iso, desde o Partido Popular reclamaron que se reconsidere de forma urxente a intervención e execútense os traballos necesarios para garantir unha plataforma única e uniforme que permite o uso peonil de forma segura.

    A segunda moción presentada e aprobada polo pleno, co respaldo do PP, PSOE e BNG, fai referencia á necesidade de promover unha campaña electoral máis próxima á cidadanía.

    Dende o Partido Popular defenden que deben ampliarse as ferramentas de difusión e participación, xa que nas últimas eleccións municipais (2023), a abstención alcanzou o 48,90 %, o que supón que case a metade do electorado de Narón non acudiu ás urnas.

    Entre as propostas presentadas polos populares atópanse a autorización para a colocación de pancartas, bandeirolas e carteis electorais nos postes de iluminación pública, unha práctica habitual na maioría de municipios; que se habilite o Auditorio e o Café Teatro como espazos para actos electorais durante as campañas, xa que os locais das parroquias non teñen suficiente aforo; e a instalación de taboleiros electorais en todas as parroquias, xa que nas últimas eleccións non se colocaron en zonas importantantes.