• Novas caras nas novas xeracións do PP de Narón.

    A presentación oficial do renovado equipo de  NNXX NARÓN era a encargada de iniciar a  comida de inicio do curso político 2024-2025. 

    O 19 de outubro tiña lugar , como todos os anos,  o inicio do curso político , unha comida na que  acudían arredor de 200 persoas ,destacando a  presenza de autoridades como eran ; Martina  Aneiros delegada da xunta para Ferrol e  comarca , Verónica Casal senadora , Francisco  Barea  presidente da autoridade portuaria Ferrol San Cibrao. 

     O acto comezaba un pouco máis cedo do  normal para ser unha comida, xa que tamén tiña  lugar a presentación pública do novo equipo de novas  xeracións do partido popular de Narón, pese a que levaban  meses traballando en diferentes actos e a carón do portavoz de este partido,Germán Castrillón.  

    Presidenta de NNXX Galicia,presidente de NNXX Narón e a presidenta provincial de NNXX.

    Acudían xovenes de distintas partes de Galicia ,  destacando a presencia da presidenta de NNXX  de Galciia e diputada no parlamento galego ;  Nicole Grueira e a presidenta provincial de NNXX , Ximena Louro, que acudían recibir este novo  grupo e asistir ás votacións á única candidatura  presentada , a de Brais Montero e un equipo o cal  constaba de caras coñecidas nesta parte xuvenil  do partido popular de Narón.