• Unha inversión millonaria que xa esta con importantes deficiencias.

    ➡️Dende o Partido Popular de Narón reivindican que as obras de reforma da rúa A Solaina, iniciadas polo Concello a finais de xullo de 2022, resultaron ser un “pésimo antes vs despois” para un número importante de veciños e veciñas que ten que usar a diario este espazo.


    ‼️Cun orzamento inicial de 720.000 euros e unha ampliación de 324.000 euros para
    melloras, o investimento total superou o millón de euros. Con todo, as obras foron
    executadas sen a debida consulta aos residentes, provocando múltiples protestas.
    Isto, sumado a que os traballos presentaban grandes deficiencias, como filtracións de auga
    nos portais e baixos do primeiro tramo, obrigou a parar a obra durante 15 días.


    ➡️Dende o grupo popular de Narón cualifican como “intolerable” a situación actual da
    avenida: “non pode ser que unha obra que pasou do millón de euros atópese neste
    estado en menos de medio ano. Atopámonos con desniveis nas conexións con rúas adxacentes, con cruzamentos perigosos que obrigan aos condutores para invadir o carril contrario, con tramos con dobre sentido de circulación inhabilitados pola redución de espazo, cunha señalética deficiente, xerando confusión e caos, e cun pavimento de moi mala calidade, que se suma a unha zona peonil en mal estado, o que dificulta a mobilidade”, sinalou o seu voceiro , Germán Castrillón.


    ❌Fronte a esta situación, TEGA planificou un proxecto de “humanización” para este lugar.
    Con todo, “os veciños queixáronse de que, lonxe de mellorar a accesibilidade,
    esta intervención só xerou conflitos entre peóns e vehículos”, manifestou
    Castrillón, quen considera que esta obra foi “unha fraude en toda regra. Non se pode
    tolerar nin permitir un uso tan deficitario dos impostos dos cidadáns de Narón”.
    Por iso, considera que “alguén debería render contas e asumir responsabilidades”.

    📲 https://www.facebook.com/share/p/19oDCMaV1F/?mibextid=wwXIfr