📌O Partido Popular de Narón solicita unha vez máis que se actúe con urxencia para liquidar o deficiente estado actual do pavillón municipal das Lagoas, que provocou a suspensión de catro partidos das ligas autonómicas e provinciais de fútbol sala esta fin de semana.

‼️ O goberno de Narón, dirixido por Marián Ferreiro, continúa ignorando e deixando sen atender as numerosas solicitudes realizadas para a reparación e mantemento das instalacións municipais, que se atopan nun estado lamentable de conservación, cunha gran cantidade de humidades e filtracións de auga.

🌧️Estas filtracións son de tal importancia que a auga baixa por milleiros por diferentes
puntos do tellado pola falta da limpeza dos canalóns , revisando as correspondentes baixantes e as diderentes filtracións do pavillón, alcanzando incluso a propia superficie do campo de xogo, co consecuente perigo para a saúde dos xogadores e usuarios das
instalacións.
ℹ️ https://www.facebook.com/share/p/15a8chwbnX/?mibextid=wwXIfr