As primeiras choivas de agosto puxeron de manifesto fallos estruturais na evacuación de pluviais, desniveis imprecisos e remates deficientes contra as fachadas. Esta situación expón a portais, baixos e comercios ao risco directo de filtracións e entrada de auga. A isto súmanse problemas para o xiro de vehículos e o posible obstáculo ao paso de servizos de emerxencia pola disposición do mobiliario, a ausencia total de papeleiras, a eliminación prexudicial de zonas de carga e descarga ou o incumprimento dos compromisos plenarios para habilitar un aparcamento disuasorio.
El portavoz municipal del Partido Popular, Germán Castrillón, remarca que este proxecto “é o reflexo da falta de control técnico e político que caracteriza a acción do goberno de Terra Galega”. Castrillón sinala que non se trata dunha situación illada, senón de “un exemplo máis das deficiencias de xestión que acumula o executivo local en distintas actuacións do municipio, onde a falta de previsión e o escaso seguimento terminan prexudicando o día a día da cidadanía”. O portavoz popular lamenta que a alcaldesa, Marian Ferreiro, ignorase as advertencias dos populares, veciños e comerciantes durante o desenvolvemento dos traballos, permitindo “a recepción dun resultado infestado de defectos”.
Ante esta realidade, a proposta que se debaterá na corporación busca forzar ao Concello para encargar unha inspección técnica completa e un informe exhaustivo dos fallos. Así mesmo, o PP reclama a execución de probas de evacuación de auga, o arranxo de remates, a reordenación dos contedores mal situados e a substitución do mobiliario deteriorado ou mal posicionado. A iniciativa esixe ademais comprobar o paso efectivo de camiones de bombeiros e ambulancias, revisar os cambios de sentido do tráfico e dar cumprimento urxente aos acordos sobre aparcamento alternativo antes de dar por concluídas as intervencións.



