Estamos no mes de setembro e xa pasou todo o verán e a maleza da devandita rúa segue sen cortarse, outra vez máis vemos a desidia do Grupo de Gobierno coma se os veciños de Cerrallon de arriba fosen de segunda. Polo que consideramos que se debería rozar canto antes a maleza na rúa Cerrallón de Arriba.
Doutra banda na mesma zona a rúa paralela á Estrada de Castilla entre a Rúa Manuel Murguia e a vía de FEVE, o Grupo Municipal do Partido Popular solicitou a esta Alcaldía unha actuación urxente, o tres de xuño do 2026, onde se pedía a limpeza, retirada de residuos e roza da contorna. Tamén se solicitaba que se solicitase a ADIF a colocación dun valado ou sistema de protección, para evitar unha caída accidental dado o desnivel existente entre a rúa e a vía de FEVE. Comprobamos que tres meses despois non se realizo ningunha actuación nesta rúa, para evitar o perigo de caída nin se limpou ou rozou a mesma.





