• Compras que non son amortizadas💰.

    ➡️Era o ano 2021 cando a alcaldesa Mariam Ferreiro e o edil de servicos , por aquel entón Ibán Santalla , anunciaban a presentación de tres novos tractores para a roza de camiños e vías. A adquisición dos novos tractores coas últimas tecnoloxías e que permitirán axilizar os traballos de roza e limpeza viaria na zona rural. Se ata o de agora pasaban cada tres meses agora farano cada dous.

    Esta era unha das melloras do prego do novo contrato de recollida de Residuos Sólidos Urbanos e Limpeza Viaria.

    ❗ Pero isto é o que se queixan o veciños da zona rural en 2025 , que neste ano non pasaran a rozar nin unha soa vez, antes do verán e nalgunhas zonas pasaron por primeira vez este ano a finais de agosto e non con bos resultados.


    As fotos fan referencia ao lugar de Ansede en Piñeiros, que tras solicitar os veciños a roza dos laterais da vía pública, pasouse a finais de agosto a rozar, mentres que nalgunhas zonas case nin se notou, deixando ademais o material vexetal residual da roza na mesma cuneta da vía, o que levará a que a mesma se atasque cando comece a época de choivas.