🐄A Xunta anunciou que publicará «en breve» a convocatoria da campaña da Política Agraria Común (PAC) para o ano 2025, que a Administración autonómica estima que contará cun orzamento duns 224 millóns de euros para beneficiar a uns 23.000 agricultores e gandeiros.

➡️Así o recolle o informe da Consellería do Medio Rural, do que informou este luns o Consello da Xunta de Galicia. Segundo detallou a Xunta, a PAC inclúe axudas directas que inclúen, entre outras, as axudas á renda básica para a sustentabilidade.

☑️ Así mesmo, destacou que as axudas directas non teñen carácter extraorzamentario e a súa contía dependerá das solicitudes que se presenten en función dos límites establecidos a nivel nacional, unha vez coñecidas todas as solicitudes aprobadas. Na última campaña pagáronse preto de 180 millóns de euros, polo que se prevé que a cifra para 2025 sexa similar.
📲 chttps://www.galiciapress.es/articulo/economia/2025-02-17/5184637-xunta-publicara-breve-convocatoria-campana-pac-2025-estima-224-millonesampana-pac-2025-estima-224-millones