• ⌛O PP de Narón pide recuperar e poñer en valor o complexo Aldea Nova, na parroquia de Sedes.


    📌 O grupo municipal do PP de Narón elevará ao pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro unha moción na que insta ao goberno local a incrementar o mantemento e conservación dos espazos do complexo Aldea Nova, na parroquia de Sedes. , así como para traballar na súa promoción e posta en valor,que actualmente se atopa en estado de abandono.


    ➡️As instalacións, situadas nun lugar privilexiado como é o Monte dos Nenos, ofreceron no seu día a posibilidade de realizar diferentes actividades, hoxe en día moi limitadas polo deterioro e falta de coidado do espazo. Este estado de abandono é facilmente comprobable en numerosos elementos do parque temático, como o abandono das árbores e do sotobosque, o desgaste do valado, dos coches e dos útiles agrícolas.

    Abierta la concesión para gestionar el parque temático de Aldea Nova -  Enfoques



    ‼️Estes motivos están a provocar un desinterese por visitar e realizar actividades nestas instalacións, coa posibilidade de volver acoller visitas organizadas de centros educativos, colectivos diversos, aniversarios ou eventos con reserva previa, ideais para pasar un tempo en pleno contacto coa natureza.

    📣Por iso, solicítase que o equipo de goberno traballe na recuperación do Complexo Aldea Nova como parque temático, revisando o seu estado e realizando tarefas de mantemento e conservación, para que se recupere un estado que permita desenvolver as actividades en óptimas condicións, e que resultan atractivos para aquelas persoas que desexen visitalo.

    📲 https://www.facebook.com/share/1DoqCq5Qo4/?mibextid=wwXIfr