•  ⌛ Xa están publicadas no DOG as bases para solicitar o Bono Emancípate a partir da vindeira semana.

    📌A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde do Bono Emancípate para a xuventude, que tras uns días para informar á cidadanía e dar a coñecer esta iniciativa pioneira en España, abrirá o período de solicitudes o vindeiro 6 de febreiro.

     📅Tal e como se recolle na convocatoria, os mozos e mozas menores de 36 anos e con polo menos unha fonte regular de ingresos, poderán solicitar a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta esta axuda para sufragar os primeiros gastos que xorden á hora de independizarse, como pode ser a adquisición de mobiliario ou diversos artigos do fogar, ata o 30 de abril, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario asignado.

    ℹ️A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina un orzamento de 2 M€ a esta liña de apoio para a mocidade que vén complementar outras axudas que teñen que ver co prezo de compra dun inmoble ou a renda do alugamento. Deste xeito, o Goberno galego ten por obxectivo que a mocidade conte cun incentivo económico na súa emancipación, xa sexa nunha vivenda alugada, polo que opta a percibir 1.500€, ou en propiedade, caso no que as persoas beneficiarias recibirán 3.000€.

    ‼️Esta proposta súmase a outras de carácter transversal nas que interveñen varios departamentos da Administración autonómica como é a promoción de vivendas colaborativas para menores de 36 anos que, ademais, desde este luns tamén poden solicitar as axudas da Xunta para adquirir vivenda protexida.

    📲https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/009276/xunta-publica-hoxe-dog-bases-para-solicitar-bono-emancipate-partir-vindeira-semana