• ‼️ A deshumanización da contorna dá Rúa A Solaina.

    O voceiro do Partido Popular, Germán Castrillón Permuy, solicitaba por rexistro a problematica causada nos edificos da contorna de este barrio , a causa das obras de esta rúa. 

    O edificio da rúa Alexandre Bóveda que linda coa rúa A Solaina, é outro dos edificios que se viu afectado polas obras realizadas na rúa a Solaina, as escavacións e posterior urbanización desta rúa modificaron a drenaxe natural que tiña as augas por esa contorna así como a modificación da conexión entre ambas rúas. 

    Mostrando 1746518975378.jpg

    E certo que ese edificio xa tiña instalado un pocete no soto coa instalación dunha bomba para bombear as augas que poderían entrar en ocasións puntuais. Na actualidade a comunidade está a soportar a entrada duns 64.000 litros de auga diarios o que lles obriga á instalación de 3 bombas máis, a sorpresa maior é que cando tentan modificar a saída cun tubo de maior caudal para bombear as augas á arqueta exterior atópase que dita arqueta foi anulada coas obras realizadas na rúa a Solaina. 

    SOLICITA 

    Que o Concello encargue un informe técnico sobre o sucedido na zona deste edificio coas drenaxes e canalizacións dado o aumento de entrada de auga no soto do devandito edificio. 

    📲 https://www.facebook.com/share/p/1LjdU759qt/?mibextid=wwXIfr