Categoría: Noticias de Portada

 O Partido Popular de Narón quere manifestar a súa sorpresa ante a decisión arbitraria e inxustificada do alcalde, Xosé Blanco, de cesar a tres concelleiros delegados, membros do Partido Popular, de xeito inesperado.

 

Dende esta formación non comprendemos os motivos que levaron ó exidor a cesar a estes ediles – un deles recién incorporado ó goberno local no mes de marzo- sen darlles nengún tipo de explicación para rachar de maneira unilateral o pacto de goberno.

 

Por este motivo esperamos coñecer canto antes os argumentos que o alcalde cree que xustifican esta decisión, a cal consideramos totalmente inadecuada tanto no fondo como nas formas, e que pensamos que non fai máis que perxudicar ós veciños de Narón.

 

Narón, 14 de Xuño de 2010

 

Categoría: Noticias de Portada

O departamento de Formación Laboral de Narón e a asociación Teima Down Ferrolterra seguen co seu convenio de colaboración, que permite ofrecer prácticas laborais ós usuarios desta entidade. Dende a sinatura do acordo ata o día de hoxe pasaron polas dependencias municipais un total de tres persoas, e a partires do 9 de xuño incorpórase un novo traballador no marco deste convenio.

A beneficiaria é Marta Fernández Lage, que iniciará o seu percorrido laboral na 6ª pranta do Concello, no departamento de Urbanismo. Alí recibirá formación durante seis meses, a metade do tempo total establecido no convenio con Teima. Os outros seis meses discurrirán para Marta Fernández noutras dependencias municipais aínda por concretar. Para facilitarlle a súa labor profesional, contará co apoio dun preparador laboral durante o tempo que o precise.

A Concelleira de Formación Laboral de Narón, Paloma González Cuevas, explicou que o obxectivo desta colaboración entre o Concello e Teima é “lograr que unha vez que os usuarios rematen o período de formación laboral, poidan acceder a un emprego no futuro. As administracións públicas somos as que temos que dar exemplo con esta accións e apoiando a colectivos que poden ter máis dificultades, e nese camiño seguiremos”, declarou a edila.

Pola súa banda, a presidenta de Teima, Patricia Serantes, agradeceu ó Concello de Narón o seu apoio ó colectivo de persoas con síndrome de Down “porque é o primeiro concello da comarca de Ferrolterra que ten apostado por nós”, declarou.

Narón, 8 de Junio 2010

Categoría: Noticias de Portada

 O Partido Popular de Narón quere transmitir ós cidadáns unha boa nova para os seus petos: a Xunta de Galicia vén de aprobar unha convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico, destinadas ós alumnos dos centros públicos de 1º,2º,5º 3 6º de primaria, e educación especial para o curso 2010-2011.

 

Para ser beneficiario desta axuda é necesario estar matriculado nun dos citados cursos nalgunha das escolas públicas da Comunidade Autónoma, non repetir curso durante o ano académico, e ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior ós 9000 euros.

 

As axudas concedidas serán compatibles con calquer outra axuda percibida a través doutras entidades públicas ou privadas, sempre que a suma destas non supere o custo dos libros e materiais subvencionados.

As bases da convocatorio poden consultarse na web http://www.edu.xunta.es. Asimesmo, nesta páxina pode descargarse o formulario de solicitude, que tamén pode recollerse nos centros escolares e nas xefaturas territoriais da Consellería de Eduación. Estas solicitudes deberán presentarse, con data límite do 29 de Xuño, no centro docente no que esté matriculado o alumnos.

 

Dende o Partido Popular de Narón queremos ofrecer o noso apoio e asesoramento a tódalas familias interesadas en solicitar esta axuda, polo que todos aqueles que o desexen poden contactar connosco a través do teléfono 981 390 337.

 

 

 Narón, 1 de Xuño de 2010

 

 

 

 

Categoría: Noticias de Portada

 

Os populares de Narón queren amosar a súa sorpresa ante as declaracións nas que o portavoz do BNG, Pablo Villamar, critica a xestión do concello dunha inversión da Xunta para o saneamento do municipio.

Unhas declaracións que tan só buscan ser unha cortiña de fume e que non fan máis que por de manifesto a incompetencia do nacionalista, que despois de pórse o saneamento por bandeira non foi capaz de conseguir ni un só euro para tal fin a pesares de ser Vicepresidente da Diputación.

 

Así, estes intentos de “xogar ó despiste” dos nacionalistas caerán pronto polo seu propio peso, xa que o compromiso público da Xunta para invertir no saneamento en Narón é firme e pronto será unha realidade.

Trátase, ademaís, dunha inversión conseguida pola primeira Tenente de Alcalde y Diputada Autonómica polo Partido Popular, Ángeles Díaz, tras reunirse en reiteradas ocasións co Conselleiro de Medio Ambente, Agustín Hernández, e convencelo da necesidade dun saneamiento integral no municipio.

 

Dende o Partido Popular de Narón queremos invitar ó Vicepresidente da Diputación a traballar de forma activa polo seu Concello e conseguir, dende o cargo que ostenta, inversións importantes para mellorar a calidade de vida dos veciños.

 

Narón, 25 de Maio 2010