O Partido Popular é a organización política con maior base social de España e unha das primeiras de Europa. Con case 707.000 afiliados, forma unha comunidade política cohesionada na que as persoas son o seu eixo esencial de actuación.

Dende a fundación do partido en 1976, a afiliación foi unha constante crecente, como pode verse na evolución destes últimos trinta anos. Os afiliados son o noso maior valor como organización, porque cada compromiso persoal co partido representa un novo vínculo coa sociedade e reforza a gran comunidade popular que xa somos.

Co fin de amplia-la dita comunidade e facilita-la participación nas actividades do partido, o XV Congreso Nacional introduciu a figura do simpatizante nos Estatutos. Dende entón (outubro de 2004), á figura tradicional do afiliado-militante súmase esta forma de colaboración.

Requisitos

• Ser maior de idade.

• Español e, neste caso, non militar en ningún outro partido, agás os residentes no estranxeiro, que poderán estar afiliados a partidos afíns ó Partido Popular.

• Ser cidadán dalgún país da Unión Europea. Neste caso, pode simultanearse a militancia con partidos do seu ámbito nacional, sempre que sexan afíns ó Partido Popular.

• Coñecer e asumi-los Estatutos do partido así como os seus principios de actuación.

• Cubri-la ficha de afiliado e presentala na sede do partido da túa residencia. A ficha debe estar avalada por dous afiliados.

Opcións

Os vixentes Estatutos do partido establecen unha única figura, a do afiliado, con dúas modalidades:

• Militante, con obriga de cota. Ver dereitos e deberes.

•Simpatizante, sen obriga de cota. Ver dereitos e deberes.

Novas Xeracións

Quen teña entre 18 e 28 anos, poderá afiliarse ó partido a través de Novas Xeracións. Entre os 16 e os 18 tamén poderán estar afiliados a esta organización pero non acadarán a plenitude de dereitos ata os 18.

FICHAS DE AFILIACIÓN

Se queres afiliarte ao Partido Popular podes descarga-la ficha de afiliación e presentala na sede máis próxima ó teu lugar de residencia, seguindo o procedemento que che explicamos nesta sección.

Existen dous modelos:

• Para os residentes en España maiores de 18 anos. DESCARGAR FOLLA DE AFILIACIÓN

• Para os mozos residentes en España entre 18 e 28 anos. DESCARGAR FOLLA DE AFILIACIÓN A NN. XX.

Do mesmo xeito, cómpre achega-lo impreso de autorización do tratamento dos datos persoais, que se pode obter dende AQUÍ