Categoría: Noticias de Portada

 A Concelleira de Promoción Económica do Concello de Narón, Ángeles Díaz Pardo, e o edil de Transportes, Serafín González, presentaron esta mañá a renuncia dos seus cargos no Rexistro do Concello.

Tomaron esta determinación trala decisión unilateral do alcalde, Xosé Blanco, de Terra Galega, de expulsar o pasado luns ós outros tres concelleiros do Partido Popular que formaban a coalición de goberno sen explicarlles os motivos a ningún deles.

 

A pesares desta decisión totalmente inxustificada, dende o Partido Popular de Narón outorgamos a Blanco a oportunidade de rectificar para abrir unha vía de diálogo e tratar de seguir cun goberno estable en Narón. Unha oportunidade que rexeitou, obrigando ós dous concelleiros que permanecían dentro do pacto de goberno a abandoar os seus cargos ante a insostenibilidade da situación.

Cremos que a decisión de Blanco de rematar de forma repentina coa coalición de gobierno débese a unha estratexia premeditada encadrada dentro dos próximos comicios municipais, nos que se pronostica unha disminución da representación no Concello de Terra Galega e unha suba en intención de voto para o Partido Popular.

Un feito que demostra que tan só lle preocupa o auxe do seu partido e non os veciños de Narón, que fican en mans dun alcalde que non é capaz, tan siquera, de manter unido o seu propio goberno.

 

 Narón, 16 de Xuño