Categoría: Noticias de Portada

 O Partido Popular de Narón quere transmitir ós cidadáns unha boa nova para os seus petos: a Xunta de Galicia vén de aprobar unha convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico, destinadas ós alumnos dos centros públicos de 1º,2º,5º 3 6º de primaria, e educación especial para o curso 2010-2011.

 

Para ser beneficiario desta axuda é necesario estar matriculado nun dos citados cursos nalgunha das escolas públicas da Comunidade Autónoma, non repetir curso durante o ano académico, e ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior ós 9000 euros.

 

As axudas concedidas serán compatibles con calquer outra axuda percibida a través doutras entidades públicas ou privadas, sempre que a suma destas non supere o custo dos libros e materiais subvencionados.

As bases da convocatorio poden consultarse na web http://www.edu.xunta.es. Asimesmo, nesta páxina pode descargarse o formulario de solicitude, que tamén pode recollerse nos centros escolares e nas xefaturas territoriais da Consellería de Eduación. Estas solicitudes deberán presentarse, con data límite do 29 de Xuño, no centro docente no que esté matriculado o alumnos.

 

Dende o Partido Popular de Narón queremos ofrecer o noso apoio e asesoramento a tódalas familias interesadas en solicitar esta axuda, polo que todos aqueles que o desexen poden contactar connosco a través do teléfono 981 390 337.

 

 

 Narón, 1 de Xuño de 2010