A Concelleira de Promoción Económica do Concello de Narón, Ángeles Díaz Pardo, e o edil de Transportes, Serafín González, presentaron esta mañá a renuncia dos seus cargos no Rexistro do Concello.
Tomaron esta determinación trala decisión unilateral do alcalde, Xosé Blanco, de Terra Galega, de expulsar o pasado luns ós outros tres concelleiros do Partido Popular que formaban a coalición de goberno sen explicarlles os motivos a ningún deles.
A pesares desta decisión totalmente inxustificada, dende o Partido Popular de Narón outorgamos a Blanco a oportunidade de rectificar para abrir unha vía de diálogo e tratar de seguir cun goberno estable en Narón. Unha oportunidade que rexeitou, obrigando ós dous concelleiros que permanecían dentro do pacto de goberno a abandoar os seus cargos ante a insostenibilidade da situación.
Cremos que a decisión de Blanco de rematar de forma repentina coa coalición de gobierno débese a unha estratexia premeditada encadrada dentro dos próximos comicios municipais, nos que se pronostica unha disminución da representación no Concello de Terra Galega e unha suba en intención de voto para o Partido Popular.
Un feito que demostra que tan só lle preocupa o auxe do seu partido e non os veciños de Narón, que fican en mans dun alcalde que non é capaz, tan siquera, de manter unido o seu propio goberno.
Narón, 16 de Xuño
O Partido Popular de Narón quere manifestar a súa sorpresa ante a decisión arbitraria e inxustificada do alcalde, Xosé Blanco, de cesar a tres concelleiros delegados, membros do Partido Popular, de xeito inesperado.
Dende esta formación non comprendemos os motivos que levaron ó exidor a cesar a estes ediles – un deles recién incorporado ó goberno local no mes de marzo- sen darlles nengún tipo de explicación para rachar de maneira unilateral o pacto de goberno.
Por este motivo esperamos coñecer canto antes os argumentos que o alcalde cree que xustifican esta decisión, a cal consideramos totalmente inadecuada tanto no fondo como nas formas, e que pensamos que non fai máis que perxudicar ós veciños de Narón.
Narón, 14 de Xuño de 2010
O departamento de Formación Laboral de Narón e a asociación Teima Down Ferrolterra seguen co seu convenio de colaboración, que permite ofrecer prácticas laborais ós usuarios desta entidade. Dende a sinatura do acordo ata o día de hoxe pasaron polas dependencias municipais un total de tres persoas, e a partires do 9 de xuño incorpórase un novo traballador no marco deste convenio.
A beneficiaria é Marta Fernández Lage, que iniciará o seu percorrido laboral na 6ª pranta do Concello, no departamento de Urbanismo. Alí recibirá formación durante seis meses, a metade do tempo total establecido no convenio con Teima. Os outros seis meses discurrirán para Marta Fernández noutras dependencias municipais aínda por concretar. Para facilitarlle a súa labor profesional, contará co apoio dun preparador laboral durante o tempo que o precise.
A Concelleira de Formación Laboral de Narón, Paloma González Cuevas, explicou que o obxectivo desta colaboración entre o Concello e Teima é “lograr que unha vez que os usuarios rematen o período de formación laboral, poidan acceder a un emprego no futuro. As administracións públicas somos as que temos que dar exemplo con esta accións e apoiando a colectivos que poden ter máis dificultades, e nese camiño seguiremos”, declarou a edila.
Pola súa banda, a presidenta de Teima, Patricia Serantes, agradeceu ó Concello de Narón o seu apoio ó colectivo de persoas con síndrome de Down “porque é o primeiro concello da comarca de Ferrolterra que ten apostado por nós”, declarou.
Narón, 8 de Junio 2010
O Partido Popular de Narón quere transmitir ós cidadáns unha boa nova para os seus petos: a Xunta de Galicia vén de aprobar unha convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico, destinadas ós alumnos dos centros públicos de 1º,2º,5º 3 6º de primaria, e educación especial para o curso 2010-2011.
Para ser beneficiario desta axuda é necesario estar matriculado nun dos citados cursos nalgunha das escolas públicas da Comunidade Autónoma, non repetir curso durante o ano académico, e ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior ós 9000 euros.
As axudas concedidas serán compatibles con calquer outra axuda percibida a través doutras entidades públicas ou privadas, sempre que a suma destas non supere o custo dos libros e materiais subvencionados.
As bases da convocatorio poden consultarse na web http://www.edu.xunta.es. Asimesmo, nesta páxina pode descargarse o formulario de solicitude, que tamén pode recollerse nos centros escolares e nas xefaturas territoriais da Consellería de Eduación. Estas solicitudes deberán presentarse, con data límite do 29 de Xuño, no centro docente no que esté matriculado o alumnos.
Dende o Partido Popular de Narón queremos ofrecer o noso apoio e asesoramento a tódalas familias interesadas en solicitar esta axuda, polo que todos aqueles que o desexen poden contactar connosco a través do teléfono 981 390 337.
Narón, 1 de Xuño de 2010